HorariosFIC xubílase!
Despois de 7 anos en funcionamento é hora da xubilación de HorariosFic. Máis de 500 usuarios rexistrados e miles de horarios creados testemuñan a utilidade desta aplicación web.
Este é o último ano presencial dos plans antigos de enxeñería informática, polo que esta páxina xa non ten razón de ser. Nestes anos cumpriu o seu cometido, a pesar de que a falta de tempo non permitiu facerlle un correcto mantemento.
Deixa a túa mensaxe de despedida en twitter co hashtag #HorariosFIC !
Ata sempre HorariosFIC!